Compostela é a cidade onde máis se usa o galego e destaca en monolingües
Estes datos foron salientados por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que presentou a análise desa investigación realizado pola súa entidade.
A situación do galego é «de emerxencia», afirma Callón, pois segundo ese estudo, entre 1992 e o 2004 -este foi o ano en que se realizou- aumentaron case o dobre o número de persoas que afirman non falar nunca en galego (eran o 13% en 1992 e o 25% en 2004).
Alén diso, un 10,7% dos menores galegos recoñecen ao seren consultados que recibiron ensino «só en castelán», o que contraría a legalidade vixente.
Nese período de 12 anos, o volume de persoas que din falar habitualmente galego descendeu no conxunto da comunidade, do 30,5% ao 16%. «Sumando as persoas que din falar 'só galego' e 'máis galego', prodúcese unha caída de 22,1% do uso habitual da lingua», insistiu Callón.
O presidente da Mesa evidenciou «preocupación» perante as medidas sobre política lingüística anunciadas por Alberto Núñez Feijoo, quen previsiblemente será o próximo mes o novo presidente da Xunta. Callón indica que en Cataluña e o País Vasco, nese mesmo período -que coincide co anterior mandato do Partido Popular na Xunta- o uso dos idiomas autóctonos aumentou de forma significativa, o contrario do que aconteceu no territorio galego.
A Mesa defende a necesidade de «crear espazos de uso que permitan darlle vitalidade á lingua», e que complementen a formación lingüística nos centros de ensino.
Para ler a nova en La Voz de Galicia, que é o seu lugar de orixe, preme aquí
1 pingas caídas nesta terra:
O que nom di a Mesa é porque a RAG, sucursal da RAE na Galiza, tivo seqüestrados os dados até o de agora. Porque nom os saca quando Galicia bilingüe atenta contra o idioma da Galiza? Ou já antes em quanto os tinha ao seu dispor.
Enviar um comentário