terça-feira, 31 de março de 2009

“Castelao non militaría hoxe no BNG”

O catedrático fala sobre o marxismo, Piñeiro, a visión que da cultura galega se ten fóra e Castelao, do que fan 25 anos da chegada dos seus restos a Bonaval.

O catedrático Xesús Alonso Montero anuncia a publicación de cando menos media ducia de libros este ano, entre eles unha investigación sobre a viaxe de Castelao á URSS en 1938, e outro sobre Ramón Piñeiro. Viron a luz xa as reedicións de Antonio Machado na nosa voz e Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas, e mais Letras Galegas, unha compilación de artigos publicado polo profesor nos anos setenta en Triunfo e outras revistas. Tamén Cartas de republicanos galegos condenados a morte, "un libro moi importante, -di- son 120 cartas, e algunhas levo toda a vida buscándoas, dende 1966 que publiquei a primeira, de Víctor Casas, até unhas que conseguín en B.Aires en maio, dunha familiar duns fusilados".

Na obra mestúranse cartas ben distintas: "hai cartas que se escriben para a historia e outras non. No libro recóllense cartas persoais, cartas de amor que un pobre infortunado de cerca de Salvaterra lle escribiu á súa moza; o que pasa é que chegou ás miñas mans e pasou a formar parte da historia. Pero outros, cando escribían estas cartas sabían que escribían para a historia".

Esta é a introduçom à entrevista. Se queredes seguir lendo, premede aqui. E depois, a dar a vossa opiniom.

quinta-feira, 19 de março de 2009

A Alberto Núñez Feijóo

quarta-feira, 18 de março de 2009

Compostela é a cidade onde máis se usa o galego e destaca en monolingües

A Mesa salienta a evolución negativa do idioma que reflicte o Mapa Sociolingüístico da Real Academia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Se se fai unha suma entre as persoas que manifestan falar «só galego» ou «máis galego», Compostela é a cidade onde máis se usa o idioma do país, pois é a lingua preferida para o 41,9% da súa poboación, segundo indica a nova edición do Mapa Sociolingüístico Galego, elaborado pola Real Academia Galega. O documento reflicte que o 13,2% dos santiagueses se recoñecen «monolingües en galego», o que fai de Compostela a segunda cidade do país, só ultrapasada por Lugo que ten un 13,4% de monolingües.

Estes datos foron salientados por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que presentou a análise desa investigación realizado pola súa entidade.

A situación do galego é «de emerxencia», afirma Callón, pois segundo ese estudo, entre 1992 e o 2004 -este foi o ano en que se realizou- aumentaron case o dobre o número de persoas que afirman non falar nunca en galego (eran o 13% en 1992 e o 25% en 2004).

Alén diso, un 10,7% dos menores galegos recoñecen ao seren consultados que recibiron ensino «só en castelán», o que contraría a legalidade vixente.

Nese período de 12 anos, o volume de persoas que din falar habitualmente galego descendeu no conxunto da comunidade, do 30,5% ao 16%. «Sumando as persoas que din falar 'só galego' e 'máis galego', prodúcese unha caída de 22,1% do uso habitual da lingua», insistiu Callón.

O presidente da Mesa evidenciou «preocupación» perante as medidas sobre política lingüística anunciadas por Alberto Núñez Feijoo, quen previsiblemente será o próximo mes o novo presidente da Xunta. Callón indica que en Cataluña e o País Vasco, nese mesmo período -que coincide co anterior mandato do Partido Popular na Xunta- o uso dos idiomas autóctonos aumentou de forma significativa, o contrario do que aconteceu no territorio galego.

A Mesa defende a necesidade de «crear espazos de uso que permitan darlle vitalidade á lingua», e que complementen a formación lingüística nos centros de ensino.

Para ler a nova en La Voz de Galicia, que é o seu lugar de orixe, preme aquí

sexta-feira, 13 de março de 2009

Dios ke te crew - Herdeiros da ditadura

Somos herdeiros dunha ditadura cultural,
Fomos as vítimas dun ataque brutal, ¡contra o noso!
A lingua mantivémola calándolle o cacique,
Falando ao pé do lume só, a lingua vaise a pique,
Pois toma, ¡escóitanos! Non nos calaremos nin de broma
Toma, toma, toma, toma, toma!!
Dios ke te crew en galego, ¿non che mola?
Eche o que hai,
Paco Vázquez eres un ghulai,
Non jodas con “Arteijo, Rianjo, Sanjenjo,
Vivero, La Guardia, Órdenes, Boymuerto,
Puertosín, Puertoson..”
Dime ¿cantos son?,
1,2,3,4,5:
600 anos de represión.
Contra o noso,
A lingua vaise a pique,
Dime ¿cantos son?
Pois toma
Contra o noso
Vaise a pique
Dime ¿cantos son?
Pois toma
Contra o noso
a lingua vaise a pique

quarta-feira, 11 de março de 2009

Estado de confusión

Un artigo de Marcos Valcárcel






Vaian por diante dúas cousas. A primeira, que agardaba a repetición do goberno bipartito, aínda que fose pola mínima diferenza. A segunda, que apoiei co meu voto esta posibilidade frustrada. Pero temía esta vitoria do PP e non me sorprendeu demasiado.

Era de temer por varias razóns. Pola crise económica, polo ben que traballa a dereita (mesmo cando se excede en campañas ben suxas), polos intereses dos poderes mediáticos e económicos, etc. Pero, sobre todo, pola desafección de xentes progresistas e galeguistas cos seus supostos políticos de referencia, no PSdG e no BNG. Vin xa moitas campañas electorais, pero nunca vira isto: moitas persoas do campo da esquerda, que mesmo votaron BNG, pero ó tempo se alegraban da caída dunha experiencia de goberno xulgada como errada e errática. Como di un meu amigo, o elector progresista é esixente e purista; non como o da dereita, que lle dá igual que lle poñan un chourizo encabezando a lista.

Haberá moito que falar e reflexionar nos partidos, supoño. Será precisa máis dunha treboada. E que cadaquén asuma as súas responsabilidades no distanciamento de boa parte das bases sociais progresistas e galeguistas.

Algúns xa temen que esta sexa a derrota de toda unha xeración, como escribiu Manolo Bragado. E que vaia para longo. Oxalá non sexa así, pero o cambio de rumbo non vai ser doado. Esixirá grandes doses de humildade e autocrítica e non hai moita tradición a este respecto no nacionalismo e na esquerda en xeral.

Quedan no aire problemas moi graves do país, dende a situación da lingua ata o abandono do rural como perspectiva económica, que a dereita pode empeorar se se deixa levar por certos grupos de presión. A última palabra, en definitiva, está na sociedade civil e todos os esforzos van ser necesarios para garantir a este país un futuro diferente.

Para ler o artigo no seu lugar de origem, preme aqui

segunda-feira, 9 de março de 2009

Um pouco de música nunca vem mal



Y por fin he comprao el vespino
que me ha de ghiar a Santiagho
y esta noche me espera el amor en Betanços

De cada apretada por Dios
paraba la moto en un rincón
para vasiar de una puta ves
la Estrella Ghalisia

Lalala la la lalalaa
Y el pistón se lo he rebajado yo

Tuve que parar nunha leira
para cajar una mierda
jamás me ha pasado esto a mi

Que termine el momento porsino
y no suseda la vulgharidá
y marcharme contento uoo
aliviado de caca y de pis

Lalala la la, lalalaa
Y el pistón se lo he rebajado yo
Para ti

(solo)

Lalala la la, lalalaa
Y el pistón se lo he rebajado yo
Y el pistón se lo he rebajado yo
Para ti

quarta-feira, 4 de março de 2009

I grew up in a place called Galiza

Ao igual que ocorrera o 23 de Fevereiro com os Oscar, o Domingo 1 de Marzo também se celebrou umha entrega de prémios. Esta nom tinha tanto glamour como a americana, mas havia muito em jogo, o destino dum país. A gala foi organizada pola Xunta de Galicia e também contou com muitas categorias. Mas a que realmente lhe importava a maior parte da gente era a de "Presidente do Governo Galego". Nesta categoria havia muit@s nominad@s, mas destacavam três: Alberto Núñez Feijoo, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana.

O que jogava com vantagem era Touriño. Ia de primeiro em todas as quinielas, e já recebera o prémio havia quatro anos. O Quintana nom contava para ninguém, polo menos nesta categoria, e Feijoo, quase que tampouco. Tod@s aguardavam com desespero o resultado. O povo soberano emitira os seus sufrágios, mas ainda nom se conhecia o galardoado. Sobre as dez da noite comezarom-se a saber os primeiros dados, que por outra banda nom gostavam nada aos vencedores da anterior gala. A final, e contra tudo pronóstico, ou nom, foi Alberto Núñez Feijoo que se erigiu como novo "Presidente do Governo Galego".

Como é normal neste tipo de celebraçons, o premiado subiu ao estrado recolher o seu galardom e leu o discurso com os agradecimentos. Os primeiros em ser nomeados forom os membros do seu partido. A eles felicitou-nos pola campanha que figeram, em especial a um. Continou com o bipartito; afirmou que se nom fosse por eles e polo seu continuísmo a respeito da política que herdaram, hoje nom seria Presidente. Também houvo umha mençom especial a UPyD e a TeGa, por conseguir restar-lhe votos à coalizom de governo. Quando parecia que terminara com os seus elógios, dedicou-lhe umhas palavras a tod@s aqueles/as votantes que, estando de acordo com o tandem PSdeG-BNG votaram em branco para puni-los. Para tod@s eles/as foi o discurso de Feijoo.

A gala acabou. Os nom premiados chorarom e pedirom desculpas pola derrota e o premiado foi celebrá-lo por tudo o alto -dim que umha vitória que nom aguardas e mais sadisfatória que umha coa que si contavas-.

Até dentro de quatro anos nom se voltará repetir a cerimónia e até daquela toca perguntar-se, que vai ser de nós?