A Nossa Língua é Internacional

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

A riqueza erótica da lingua

Un artigo de Marcos Valcárcel





"Se non imos todos xuntos, imos ó carallo”, dixo hai anos un moi relevante político galego nun recente acto electoral. A anécdota de Fraga lembroume a riqueza polisémica deste concepto na nosa lingua, desde tempos ben antigos: o noso trobador medieval Fernando Esquío xa xogou no seu día, nunha das súas cantigas satíricas, coa diferenza entre estar “encaralhado” (potente sexualmente) ou “escaralhado” (impotente), dúas cousas ben distintas só con cambiar unha letra, como sabía o frade protagonista do poema, ao que lle chegaban a parir tres mulleres nun día “e outras muytas prenhadas que ten...”.

Os poetas medievais usaron derivados tan transparentes como “caralhote” e “caralho francés” ou “caralho de mesa”, curiosos artefactos estes últimos que nos revelan que a modernización tecnolóxica no erotismo ten moitos séculos enriba.

A familia semántica do concepto citado é aínda maior: hai que engadir , entre outras, formas como “ben”, “cavalo”, “peón”, “pisso” e “rabo”, citadas todas na magnífica “Antoloxía de poesía obscena dos trobadores” de X. Bieito Arias Freixedo (Positivas, 1993). Son as cousas da riqueza do idioma. Só queda por saber qué políticos van saír da próxima liorta electoral, aló polo 1 de marzo, “encaralhados” e cales quedarán “escaralhados”... Ós segundos pódelles servir de consolo o saber que todo está inventado hai xa moito tempo. Entre as primeiras películas gravadas na historia do cine hai xa cintas eróticas ou pornográficas: seica cando as actrices eran negras, nin sequera actuaba a censura porque non se consideraban como seres humanos. En todo caso, a nosa cultura ten unha riqueza no potencial erótico da súa lingua que non debe ser desprezada.

Artigo tirado de aqui

3 pingas caídas nesta terra:

Xoán S. Pazos disse...

Moi certas as verbas do profesor Valcárcel. De tódolos sempre hai xente dalá da meseta que utiliza esa verba tan nosa coma forma de rirse dos galegos. En fin... cousas da Historia.
De tódolos xeitos, eu teríalle titulado ao artigo "a riqueza caralluda da lingua".

Un saúdo!

AFP disse...

Moi bom o artigo

Anónimo disse...

Fenomenal artigo, como de costume.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego