A Nossa Língua é Internacional

sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Meme do Traste Galego

Recebo do companheiro Manuel L. Rodrigues o Meme do Traste Galego, que nasceu desta maneira:

A ideia deste meme gerou-se num intenso debate no blogue de zeltia assim que vamos lá! Como podedes ler na entrada de zeltia ser "trasteador" consiste em experimentar um produto e posteá-lo passando a informaçom aos conhecidos. Entom pensamos (é uma forma de falar)... por que nom se pode fazer o mesmo, mas sem que existam grandes empresas por trás? Pois sim que se pode...por que nom? E como os galegos somos especialistas em ser trastes e enredar...
  1. Recebes o meme e engades o produto da tua zona que vás sortear no teu blogue.
  2. Envia-lo a três persoas
  3. O dia 28 de Fevereiro realizas o sorteio e envias o produto ao ganhador.
Desta forma cada um decide que produto quer dar a conhecer ( e o que quer gastar) e se fazemos umha lista geitosinha até podemos chegar a saber de especialidades, produtos ou curiosidades dos recunchinhos da Terra.

Como se entra no sorteio? Pois deixando um comentário no blogue que interesse. É muito mais democrático e nem só haverá o dia 28 um ganhador senom tantos como blogues participem. (Informaçom tirada do blogue de L&M)

Eu ofereço: "filhoas da minha avoa" e passo a bola a: Modesto Fraga, Borja Logares e Xoán S. Pazos

14 pingas caídas nesta terra:

LM disse...

filhoas da avoa! da-me número porfi!
beijos

paideleo disse...

Apúntame para esas filloas !.
Eu son un lambón ata nos blogos descoñecidos.
Agora paso a ler o teu blogo.

fgul disse...

Ostia!!! Fillooooooas!! Eu tamén quero apuntarme ao sorteo, si señor.

Carlos Sousa disse...

Eu tamén me apunto aínda que non nos coñezamos, pásate polo meu e colle número. Menudas cuchipandas se están a mirar estes días.

Unha aperta.

FraVernero disse...

mmmmmmmmmmmm... filloas... eu tamén me apunto á lista golosa...

Anónimo disse...

E logo tíñamos que coñecernos?, coido que a xenerosidade do galego vai sempre máis alá dun puro trámite burocrático. Arrieiros somos e no camiño nos atopamos...Apúntame, quero filloasssssssss
Comparto contigo no meu blogue.
Foi un pracer!!!!!!

Paz Zeltia disse...

como ben di paco penas, non fai falla coñecerse, e se non nos coñecemos iso ten facil remedio, pido número para as filloas, que estamos no tempo!
e se queres viño da ulla, vai buscar número :)

Senda disse...

Teño un mel na casa preparado para botarlle a esas filloas, ummmmmmmmmmmmmmmmm... número tamén para min!

Raposo disse...

si son filloas da avoa quen se vai resistir! É como voltar a infancia.Ápúnteme, por favor.

Xoán S. Pazos disse...

Filloas!! Esta si que é boa jejeje. Bueno, gracias por incluirme no sorteo. A ver se hai sorte!!!!

veña, saudos e gracias

Anónimo disse...

Hola compañeiro, informoche de que a imaxe das filloas ten un troyano, deberías eleminarllo.
un saúdo

Anónimo disse...

¡Carallo que boa pinta! Son capás de peregrinar por probar esas filloas.
Na miña páxina tamén tes algo que che pode gustar.

Anónimo disse...

ás filloas apúntome eu como sexa aínda que eu teña que poñer o pulpo antes

Son Unha Xoaniña disse...

Espero chegar a tempo ao aorteo das filloas, ¡co que che me gustan...!
Apertas.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego