A Nossa Língua é Internacional

segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

A lingua tamén entra en campaña

En youtube prosegue a loita electoral. Un vídeo amosa a práctica lingüística que algúns agochan tras do seu discurso.

O vídeo repasa as contradicións existentes entre o discurso lingüístico de PP e Galicia Bilingüe e as súas prácticas, e revela algunhas inexactitudes e falsidades difundidas por estas e outras organizacións sobre a situación legal e social da lingua en Galiza. Vemos, por exemplo, a Ana Pastor amosando un moi baixo nivel de galego, e á propia Pastor e a Núñez Feijoo cun coñecemento de inglés moi baixo igualmente. Vemos así mesmo a Corina Porro criticando con dureza ao BNG, apenas dous anos despois de ofrecerlle un pacto para gobernar a cidade de Vigo.

Escoitamos tamén os dirixentes de Galicia Bilingüe declarando nos medios que "grazas a eles" o PP votou en contra do decreto de galeguización do ensino (cando en realidade foi consensuado e votado polos tres partidos con representación parlamentaria).

Para ver a nova no seu lugar de origem, preme aqui

2 pingas caídas nesta terra:

Anónimo disse...

Fachas e antigalegos fóra da Galiza!
Xeiteiro

AFP disse...

Incrével, estes si que vivem num entroido contínuo e nós na pior das cuaresmas

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego