'As academias defenden ás elites controlando a lingua'
Redacción. Lograr que a Real Academia Española (RAE) elimine as acepcións de 'tonto' e 'tartamudo' do termo 'gallego'. Este é o obxectivo dun grupo de mozos de Compostela que se acaban de organizar co nome de Asociación Garipano.
A profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago asegura que, na súa tarefa de “control”, a RAE e as outras academias “non queren cambios, ao igual que pasa cos termos que trivializan as mulleres ou a homosexualidade”.
Tatexos, pero só dende 2001
A colaboradora de ANT explica que a acepción de tatexo nace das dificultades que tiñan os galegofalantes para falaren correctamente o idioma castelán. Mar López, da Asociación Garipano, indica que foi en 2001 cando se introduciu esta acepción de tartamudo, tras a morte do académico galego Camilo José Cela.
López tamén indica que no caso doutras linguas, como o catalán ou o castelán, o dicicionario da RAE si especifica que se trata dunha lingua romance.
Para lograr o seu obxectivo, a Asociación Garipano lanzou unha páxina web na que recolle sinaturas tanto a nivel individual como colectivo.
Para ler a nova na sua fonte original, preme aqui
Garipano conta co apoio da escritora Teresa Moure. Neste vídeo de ANT TV, Moure denuncia que “o que acontence coas academias é que son instuticións conservadoras que manteñen os privilexios das elites e fanno precisamente a través do control da lingua”.
A profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago asegura que, na súa tarefa de “control”, a RAE e as outras academias “non queren cambios, ao igual que pasa cos termos que trivializan as mulleres ou a homosexualidade”.
Tatexos, pero só dende 2001
A colaboradora de ANT explica que a acepción de tatexo nace das dificultades que tiñan os galegofalantes para falaren correctamente o idioma castelán. Mar López, da Asociación Garipano, indica que foi en 2001 cando se introduciu esta acepción de tartamudo, tras a morte do académico galego Camilo José Cela.
López tamén indica que no caso doutras linguas, como o catalán ou o castelán, o dicicionario da RAE si especifica que se trata dunha lingua romance.
Para lograr o seu obxectivo, a Asociación Garipano lanzou unha páxina web na que recolle sinaturas tanto a nivel individual como colectivo.
Para ler a nova na sua fonte original, preme aqui
5 pingas caídas nesta terra:
aí está o link para deixar a sinatura
http://spreadsheets.google.com/viewform?key=pNL910G3HeMl_uXxF5QuATQ&email=true
Todo galego cun mínimo de dignidade tn a obriga moral de asinar
...pois haberá que botarlle un ollo á proposta...
Quem compartilha o conhecimento compartilha o poder, e o conhecimento necessita dumha linguage própria que permita encobrir os interesses da classe dirigente com eufemismos, jogando cos sentimentos, etc. As tácticas desta linguage traspiram à perfeiçom no caso do binómio político-mediático onde se fala de medios de massa, como se fossem elaborados polas massas para a expresom das suas inquedanças quando som feitos por umha minoria para o submetimento e adormicimento dumha maioria, portanto às avesas. Essa é a a verdadeira linguage que advoga pola impostura, polo falso, para bombardear com informaçons ao povo e desactivar qualquer possibilidade de espírito crítico e resistência ao consumir o seu bio-tempo mesmo quando o espectador nom esteja de acordo (mentres recebe images e sons nom pensa nem discerne) e afundando na maré social a permanente inseguridade no interior dumha espiral de ignoráncia que se retroalimenta.
Boas!!
Pásome polo teu blogue e de paso boto a firmiña. Soio visitalo, pero hoxe atrévome a botar a sinatura porque me parece unha causa xusta xustísima. A linguaxe é un dos principais elementos que o poder usa para o dominio e o control histórico da sociedade, porque é un control que a masa asume inconscientemente. Pero iso xa o dicía Nietzsche.
En fin, que tentarei sacar mais peito e firmar máis de vez en cando.
saúde e república, compañeiro de facultade.
Asdo. Xoán
Un post moi interesante, irmán. Xa aproveitei para asinar debidamente. Algúns impresentables aínda pensan que seguimos coa senlla enriba da cabeza...
Enviar um comentário