Que pouco mudárom as cousas em 24 anos!
Mirade o que dizia o Beiras sobre a Universidade hai 24 anos. Nom vos lembra isto a algo?
Mirade o que dizia o Beiras sobre a Universidade hai 24 anos. Nom vos lembra isto a algo?
Publicado às 20:28:00
Este texto fala de: Solidariedade cos traballadores de Astano, Universidade, Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, YouTube
4 pingas caídas nesta terra:
Xusto onte, procurando unha entrevista a Beiras, vin este video n youtube.
A historia do nacionalismo galego do século XX chámase Beiras e Castelao.
Iso si era política, líderes, sabios, intelectuais.
Estou totalmente de acordo con Rosalía. Beiras é, sen dúbida ningunha, o máis grande representante do nacionalismo galego dos últimos trinta anos. Castelao, pola súa banda, xa son palabras maiores. Qué vou dicir da súa inmensa figura, da súa altura moral, do seu exemplo.
O de Beiras, en cambio, non ten xustificación de ningún tipo. O nacionalismo galego non pode permitirse o luxo de prescindir dun home do seu nivel político e intelectual. Creo que o BNG erra ao situalo nun lugar secundario, anecdótico. Non todo vale en política. Os fins non o xustifican todo. Xosé Manuel Beiras será sempre recordado como un exemplo senlleiro da nosa identidade nacional.
O Bloque apartou a esta figura en aras dun lado máis moderado e ao mesmo tempo máis estraño do nacionalismo galego. Estando totalmente en contra deste feito, suscribo as verbas de Rosalía e Xeiteiro, e pido que este dominio que a UPG ten sobre o BNG non dure demasiado tempo. Polo ben do nacionalismo
Un saudiño!
Quanta razom leva Brais em que "mudam as moscas só a merda nom varia" nos últimos 24 anos! E quanta razom levades nos vossos comentários! Mas o Beiras segue escrevendo e fazendo política (lidera o Encontro Irmandinho em que eu milito), e ainda há pouco lhe lembrava ao BNG que no tema das caixas fixo "a mona". Só que o aparato agora anda polo aggiornamento que tanto sucesso lhe está dando. O problema da esquerda é que a crise a colheu muito longe de Marx, com o pé (e o Z) cambiados...
Enviar um comentário