59ª Aniversário do passamento do Companheiro Daniel
Para começar de novo coas actualizaçons deste blogue, nada melhor que faze-lo homenageando ao guieiro de tantas e tantas gentes deste nosso país chamado Galiza.
Guieiro que, pouco antes da meia-noite do 7 de Janeiro de 1950, no Sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires, falecia. El era, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de Janeiro de 1886 - Buenos Aires, 7 de Janeiro de 1950).

Para lembrá-lo, coloco-vos um vídeo da cançom "Compañeiro Daniel" de Suso Vaamonde.
Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.
Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.
Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

E, por se fosse pouco, coloco-vos também, umha ladainha do poeta fisterrám Modesto Fraga dedicada ao Mestre
Alborexaba a luz e, sen embargo,
escura dor de sombras nos traía
aquel xaneiro. Estraña noite fría
no irmandiño medulio máis amargo.
Alborexaba a luz e, sen embargo,
<<a verdade e a vida>> devecía
o luceiro da patria enmudecía
coa semente a abrollar, cruel letargo.
Alborexaba a luz e o pobo enteiro
-terra galega da nación chegada-
deixaba de alumar na noite esquiva.
Compañeiros do ilustre rianxeiro;
Gumersindo, Miguel, Virxinia, Prada:
<<¡a bandeira da patria segue viva!>>
A Castelao
Alborexaba a luz e, sen embargo,
escura dor de sombras nos traía
aquel xaneiro. Estraña noite fría
no irmandiño medulio máis amargo.
Alborexaba a luz e, sen embargo,
<<a verdade e a vida>> devecía
o luceiro da patria enmudecía
coa semente a abrollar, cruel letargo.
Alborexaba a luz e o pobo enteiro
-terra galega da nación chegada-
deixaba de alumar na noite esquiva.
Compañeiros do ilustre rianxeiro;
Gumersindo, Miguel, Virxinia, Prada:
<<¡a bandeira da patria segue viva!>>
3 pingas caídas nesta terra:
Irmán: grazas por este post tan emotivo, tan extraordinario, tan grandioso. Afortunadamente, eu tiven o privilexio de coñecer e tratar en persoa a Suso Bahamonde; un bo e xeneroso coma o noso inesquecíbel Castelao. Insisto, grande, grande post, compañeiro. Obrigado de todo corazón. Tamén polo poema, por suposto.
Fervente homenaxe a túa. Noraboa por escoller a que sen dúbida é a mellor canción de Suso Vaamonde, e tamén polo poema de meu veciño e colega Modesto Fraga, gran voz das terras fisterranas.
Un saúdo e noraboa de novo por esta acertada homenaxe ao Grande.
Irmao Daniel sempre na memória,
CASTELAO PRESENTE!
Enviar um comentário