A Nossa Língua é Internacional

segunda-feira, 6 de abril de 2009

E estiverom presentes no Mar de ausencias

Onte, Domingo 5 de Abril, Modesto Fraga apresentava a reediçom do seu livro Mar de Ausencias na costa de Fisterra. Lá no mar, a bordo do barco "María Elena", dezenas de persoas se derom cita para escuitar os versos do poeta na voz dos seus amigos Roberto Traba Velay, Maria José Lado e Javier Campaña Martínez (autor das cartografias que acompanham aos poemas), da sua tia Lola e do próprio Modesto.

Mas esta apresentaçom tivo algo de especial, ademais de fazer-se num barco -cousa insólita-, houve um momento para a lembrança dos marinheiros mortos nessas mesmas águas. Alguns dos familiares do Bonito, do Isleña e do Begoña lanzárom cadansua flor ao mar em sinal de recordo àqueles lobos de mar que derom a sua vida fazendo aquilo do que trabalhavam, pescando.

A continuaçom, deixo-vos um vídeo do poeta recitando "Fisterra":

FISTERRA

Por anagrama levas a senda do erotismo
debuxado. No horizonte a imaxe do teu pobo:
dous fermosos seos de muller tralos penedos
que esconden a verdade de tanta lenda viva.

Orcavella. A lenda das lendas esquecidas
que dorme no cumio, alén onde remata o Facho.
A de San Guillerme, Ara Solis, e tantas outras
que levan de anagrama a senda do erotismo.

A de cidade como Duggium. terra dos pagáns,
asolagada polos mares e condenada
a ficar baixo terra pola súa teima ó mal.
Por anagrama, tamén a senda do erotismo.

Dende o Cabalo de ouro, soterrado nalgures,
ata as máis fecundas lendas do culto a Venus:
din por acá os máis novos, que contan os máis vellos
que levan de anagrama a senda do erotismo.

Mais informaçom do acto em:
Que pasa na costa
La Voz de Galicia
Artigo de Anxo Tarrío

4 pingas caídas nesta terra:

Rosalía Fernández Rial disse...

xa lera a nova no xornal e pareceume unha idea moi fermosa, orixinal e innovadora.

Noraboa ó compañeiro fisterrán!!

e unha aperta para o vitense!

Xeiteiro disse...

Grazas por todo, irmán. Agardo que o esforzo do desprazamento valese a pena. Unha aperta enorme e saúdos aos teus pais.

Unknown disse...

Está ben íso de dar a benvida no sofrido porto do Mar das Ausencias ós navegantes de Compostela, mágoa que non me poidera embarcar no María Helena...en fin, outra ves será. Unha aperta e noraboa reiterada a Modesto.

AFP disse...

Outros desde longe tamém estivemos dalgum jeito presentes.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego