A Nossa Língua é Internacional
Mostrar mensagens com a etiqueta Poesia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Poesia. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 6 de abril de 2009

E estiverom presentes no Mar de ausencias

Onte, Domingo 5 de Abril, Modesto Fraga apresentava a reediçom do seu livro Mar de Ausencias na costa de Fisterra. Lá no mar, a bordo do barco "María Elena", dezenas de persoas se derom cita para escuitar os versos do poeta na voz dos seus amigos Roberto Traba Velay, Maria José Lado e Javier Campaña Martínez (autor das cartografias que acompanham aos poemas), da sua tia Lola e do próprio Modesto.

Mas esta apresentaçom tivo algo de especial, ademais de fazer-se num barco -cousa insólita-, houve um momento para a lembrança dos marinheiros mortos nessas mesmas águas. Alguns dos familiares do Bonito, do Isleña e do Begoña lanzárom cadansua flor ao mar em sinal de recordo àqueles lobos de mar que derom a sua vida fazendo aquilo do que trabalhavam, pescando.

A continuaçom, deixo-vos um vídeo do poeta recitando "Fisterra":

FISTERRA

Por anagrama levas a senda do erotismo
debuxado. No horizonte a imaxe do teu pobo:
dous fermosos seos de muller tralos penedos
que esconden a verdade de tanta lenda viva.

Orcavella. A lenda das lendas esquecidas
que dorme no cumio, alén onde remata o Facho.
A de San Guillerme, Ara Solis, e tantas outras
que levan de anagrama a senda do erotismo.

A de cidade como Duggium. terra dos pagáns,
asolagada polos mares e condenada
a ficar baixo terra pola súa teima ó mal.
Por anagrama, tamén a senda do erotismo.

Dende o Cabalo de ouro, soterrado nalgures,
ata as máis fecundas lendas do culto a Venus:
din por acá os máis novos, que contan os máis vellos
que levan de anagrama a senda do erotismo.

Mais informaçom do acto em:
Que pasa na costa
La Voz de Galicia
Artigo de Anxo Tarrío

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009

A Pessoa

(Lisboa, setembro de 2007)
Autopsicografia

O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente.
E os que lêem o que escreve,
Na dor lida sentem bem,
Não as duas que ele teve,
Mas só a que eles não têm.
E assim nas calhas de roda
Gira, a entreter a razão,
Esse comboio de corda
Que se chama coração.

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

59ª Aniversário do passamento do Companheiro Daniel

Para começar de novo coas actualizaçons deste blogue, nada melhor que faze-lo homenageando ao guieiro de tantas e tantas gentes deste nosso país chamado Galiza.

Guieiro que, pouco antes da meia-noite do 7 de Janeiro de 1950, no Sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires, falecia. El era, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de Janeiro de 1886 - Buenos Aires, 7 de Janeiro de 1950).

Para lembrá-lo, coloco-vos um vídeo da cançom "Compañeiro Daniel" de Suso Vaamonde.

Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.

Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.

Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

E, por se fosse pouco, coloco-vos também, umha ladainha do poeta fisterrám Modesto Fraga dedicada ao Mestre

A Castelao

Alborexaba a luz e, sen embargo,
escura dor de sombras nos traía
aquel xaneiro. Estraña noite fría
no irmandiño medulio máis amargo.

Alborexaba a luz e, sen embargo,
<<a verdade e a vida>> devecía
o luceiro da patria enmudecía
coa semente a abrollar, cruel letargo.

Alborexaba a luz e o pobo enteiro
-terra galega da nación chegada-
deixaba de alumar na noite esquiva.

Compañeiros do ilustre rianxeiro;
Gumersindo, Miguel, Virxinia, Prada:
<<¡a bandeira da patria segue viva!>>

quinta-feira, 27 de novembro de 2008

De quem é este poema?

XEITEIROS DO SUR

Os últimos xeiteiros
en partir
—os do sur—
tremosos
e mesmo taciturnos
perdíanse no ocaso amargo das miradas

Atrás,
como nos días da fatal ausencia,
quedaban
a mornura do fogar
e a calma
dun regazo octoxenario

Sol a sol
nun longo ronsel de incerteza,
como áncoras intactas
e voraces

os últimos xeiteiros
singraban novas lúas e crepúsculos

Eles sabían do mar
porque xurdiran do sal. O mar.
O mar só reflectía
as chagas dos seus dedos malferidos

Pero eles eran
os últimos xeiteiros
en partir

aqueles que, a media lúa,
algo tremosos

e armados duns remos
de pao de carballo
en cadanseu tolete

vogaban paseniño
cara as escuras
e argazosas augas
que a certeza
mostraba, taciturna,

eran o pan
—ao sur—
das súas fames

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

Amigos, non poss' eu negar


Amigos, non poss' eu negar
a gran coita que d' amor ey,
ca me vejo sandeu-andar,
e con sandece o direy:
os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assi.

Pero quen quer x' entenderá
aquestes olhos quaes son,
e d' est' alguen se queyxará;
mays eu... ja quer moyra quer non:
os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assi.

Pero non devia a perder
ome que ja o sen non á
de con sandece ren dizer,
e con sandece digu' eu ja:
os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assi.

Johan Garcia de Guilhade

Esta cantiga é excepcional em vários sentidos: um, sendo umha cantiga de Amor nom encontramos a palavra 'senhor' que normalmente aparece nestas produções; dous, começa com umha evocaçom aos amigos, algo também estranho nestas composições; três, a mulher deixa de ser algo irreal para converter-se em umha mulher com os olhos verdes, traço polo que seria objecto de mofa o autor e polo que o chamariam alhos verdes, em fim, cousas da época. Como vedes, poderia seguir comentando esta cantiga, mas esses três traços concretos som os mais relevantes e fam que esta cantiga seja insólita.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego