A Nossa Língua é Internacional

terça-feira, 31 de março de 2009

“Castelao non militaría hoxe no BNG”

O catedrático fala sobre o marxismo, Piñeiro, a visión que da cultura galega se ten fóra e Castelao, do que fan 25 anos da chegada dos seus restos a Bonaval.

O catedrático Xesús Alonso Montero anuncia a publicación de cando menos media ducia de libros este ano, entre eles unha investigación sobre a viaxe de Castelao á URSS en 1938, e outro sobre Ramón Piñeiro. Viron a luz xa as reedicións de Antonio Machado na nosa voz e Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas, e mais Letras Galegas, unha compilación de artigos publicado polo profesor nos anos setenta en Triunfo e outras revistas. Tamén Cartas de republicanos galegos condenados a morte, "un libro moi importante, -di- son 120 cartas, e algunhas levo toda a vida buscándoas, dende 1966 que publiquei a primeira, de Víctor Casas, até unhas que conseguín en B.Aires en maio, dunha familiar duns fusilados".

Na obra mestúranse cartas ben distintas: "hai cartas que se escriben para a historia e outras non. No libro recóllense cartas persoais, cartas de amor que un pobre infortunado de cerca de Salvaterra lle escribiu á súa moza; o que pasa é que chegou ás miñas mans e pasou a formar parte da historia. Pero outros, cando escribían estas cartas sabían que escribían para a historia".

Esta é a introduçom à entrevista. Se queredes seguir lendo, premede aqui. E depois, a dar a vossa opiniom.

4 pingas caídas nesta terra:

Xeiteiro disse...

As palabras do profesor Alonso Montero rezuman sempre actualidade, compartamos ou non o seu fondo. Seguro que non han deixar indiferente a case ninguén. Eis o importante (sobre todo nun momento en que o debate e a confrontación de ideas semellan estar ausentes da vida cotiá).

AFP disse...

Isso de fazer cábalas históricas nom lhe chamo eu precissamente ciência. O que nom militaria no BNG e Ramom Pinheiro e desde logo Castelao nom estaria no quintanismo nem na UPG, apenas em formaçons soberanistas.

Nós Sós!

O Mouro disse...

Creo que o BNG proxectou e aproveitou a figura deste artísta de verdadeiros ideais e fidelidade ó país, ao igual que se está a facer con outros militantes que deron máis satisfaccións e mellores resultados electoráis. Líderes que agora semellan ficar como imaxe de "Tempos Mellores" ou para lavarlle a cara ó partido. A cultura é cultura e a política é política, xuntos pero non revoltos... Xa o decía Castelao: O Pobo é somentes soberán o día das eleccións. Un saúdo!!

Javier disse...

Creo certamente que se lle ten dado a figura de Castelao unha importancia desmesurada, en comparación co resto do grupo "Nos": Castelao era un home inxenioso, cun fondo humano moi chamativo. Pero, certamente, lle falta a profundidade, o pensamento fondo e a inquietude intelectual de Pedrayo e Risco. Impuxose unha creenza, una doutrina e loitou por ela, pero pouco di atinado coa Galiza real (que dista bastante da Galiza mitica do Grial, e de toda a mandanga romantica) Supoño que debido a seu inamovible compromiso coas esquerdas ten esa adoración por parte de certos grupos políticos.

¿Que sería hoxe Castelao? En certos aspectos era moi conservador, ben certo é, pero nesa faceta non deixaba de ser un fillo do seu tempo. Me cheira que hoxe simpatizaría co BNG.

Ainda así, os ideais de Castelao (anclados nunha Galicia que xa non existe e quizais nunca existiu) xa perderon a su vixencia. A loita política nunca foi o camiño. Galicia é unha realidade conformada por uns rasgos propios (atrasados e primitivos en moitos aspectos) é un humanismo e desenrolo Español. O castelán non foi ninunha opresión, nin ningún castigo: foi un regalo para a terra. Tratar de velo como algo alleo a combater o vexo unha falacia (xa non digamos esas caricaturas infantis por parte dos medios de comunicación, ridiculizando os castelanfalantes, dun xeito que recordame o campesiño rabioso que mata a seu irmán Abel por non falar coma el, sen ter en conta as circunstancias diferentes nas que se atopan ambas linguas)

O que si é nobre e tratar de rexurdir os valores galaicos. Pero para eso debese apuntar alto. Non seguir con loitas políticas esteriles, que non nos fan progresar como entidade, senon como mero pobo. Eu quero que Galicia progrese como entidade, que apunte alto. e que se deixe de estatutos de autonomía, manifas anti-PP e lerias varias que frustran a labor cultural verdadeira e reducena a un debate dunha baixeza terrible, a un enfrontamento (O español fronte o Galaico) que nunca existiu, xa que a sua complementariedade formou estas terras. Por eso, mais Otero, mais Risco e menos Castelao, que xa sona oxidado nos ideais da Galicia de piruleta.

Curiosamente, ninguén parece protestar polo imperialismo anglosaxón. Verdadeiro monstruo mundial o que ninguén lle chista. Eso si que é imperialismo.

Ainda que sone conformista, hoxe, eu non vexo forma mais sabia de definir Galicia que coma unha autonomía. Se me preguntaran "¿Que é para vostede Galicia?" respoderialle "Un pobo dentro de España" E somos eso: un pobo dentro de España. Non vexo nada de valor mais alá. Non vexo nada que non sexan sachos, cabalos, leiras e valores rurais que teña que ser reclamado desbotando o demais.. A unica maneira de elevar a nosa terra é a que segue: coller o seu corazón e estruxalo ata sacar de el todo o seu xugo. Unha actividade cultural forte. Basta de marxismos, de palestinas e de consignas: Galicia pensamento.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego