A Nossa Língua é Internacional

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009

A Pessoa

(Lisboa, setembro de 2007)
Autopsicografia

O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente.
E os que lêem o que escreve,
Na dor lida sentem bem,
Não as duas que ele teve,
Mas só a que eles não têm.
E assim nas calhas de roda
Gira, a entreter a razão,
Esse comboio de corda
Que se chama coração.

7 pingas caídas nesta terra:

Rosalía Fernández Rial disse...

eu teño unha foto no mesmo lugar!!, pero en diferente posición: sentada a carón de Pessoa.

sempre me encantou o primeiro verso dese poema: "O poeta é um fingidor"...
como sempre me encantaron as viaxes a Portugal...
"O mar salgado, quanto do teu sal
são lagrimas de Portugal" qué grande Pessoa!

Unha aperta, presidente!

Xoán S. Pazos disse...

Eses catro primeiros versos de Pessoa son as miñas verbas favoritas en lingua portuguesa. É a definición máis perfeta que lin na miña vida do que é un poeta: "un fingidor".
Fermosa entrada para unha fermosa cidade que estou desexando volver a visitar: volver a pasear pola Alfama, sentarme nos bancos dos incribles xardíns coloniais do Bairro de Belem, contemplar os tellados de Lisboa dende o Bairro Alto... en fin... vivir Lisboa. (Isto semella un folleto turístico jejeje).

Veña,
Un saúdo e noraboa pola entrada

fgul disse...

Pavera a imaxe con pessoa. Grandísimo poeta por outra parte.

Unha forte aperta.

Santo2000 disse...

Nessa viagem fomos três colegas e os três tiramos umha foto aí. Pois em todas sai o paisano de aí atrás, que pesao o ghicho! xD.

Obrigado a tod@s polos comentários!

FraVernero disse...

Enormísimo poeta, anque sospeito que non estaba do más locuaz ese día que o colliche... Tiñas que telo convidado a caipirinhas, a ver se ceibaba a língua... xD

Unha cousa que nunca entendín é a inquina notoria que, pola contra, sente Ferrín polo lusitano... Seica é cousa do léxico, e seguramente, da política.

Para a próxima sóltanos unha Ode de Ricardo Reis, que é o meu hetero (nimo) favorito!

AFP disse...

Esse si que era grande! Que tal che saiu o exame de Salgado? Por certo fechastes já a página aquela da faculdade? haveria que engadir-lhe pestanas na parte superior com secçons (algo que eu nom sei fazer) para organizar por secçons: aplicaçons para o estudantado, opinom pessoal dos membros, sugestons de fora para a melhora da página, etc.

Umha aperta irmandinha

A Conxurada disse...

Ise é un dos meus poemas favoritos, e a foto paréceme marabillosa, jeje.

un saúdo

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego