A Nossa Língua é Internacional

terça-feira, 18 de novembro de 2008

Cea Homenaxe a Marcos Valcárcel en Ourense

O vindeiro sábado, día 29, os amigos/as e admiradores dunha das persoas máis sabias e de maior calidade humana que coñezo, Marcos Valcárcel, teremos ocasión de reunirnos con el para acompañalo nunha entrañable cea-homenaxe que terá lugar no restaurante San Miguel de Ourense.

Polo que a min respecta, salvo ataque biolóxico ou atómico de ultimísima hora que o impida (cousa que, por outra banda e polo ben común, agardemos non ocorra) estarei acompañando ao amigo nese acto de presentación do seu novo libro, Historia de Ourense (Edicións Xerais de Galicia, 2008), a bo seguro inzado de maxisterio e sabiduría por todas partes.

Para os/as que queirades sumarvos, velaí vai máis información:

CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL.

Ourense, Sábado 29 de Novembro de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS:

As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.

Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes, e en calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.

INVITACIÓN ABERTA:

A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.

Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.

César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín

Texto e imagem tirados da web oficial do autor galego Modesto Fraga Moure

2 pingas caídas nesta terra:

Anónimo disse...

Irmán: grazas por te sumares con este post á Cea-homenaxe a Marcos Valcárcel. É unha mágoa que non o coñezas en persoa. Quedarías impresionado escoitándoo falar de calquera tema, desde cuestións políticas pasando por asuntos literarios, sociais, etc. Mais, con todo, o que de verdade impresiona, marabilla e seduce é a pesonalidade afábel e cordialísima que sempre o acompaña. Nunca unha mala palabra, nunca un mal xesto, nunca un desprezo ferinte, nunca nada, nada..
En Marcos, amais de cultura, coñecemento e sabiduría, só existe unha definición totalizadora: altura moral (da máis grande, grande, grande).

fgul disse...

...vaia; debe ser a cuarta ou quinta vez que vexo este anuncio no blogomillo...

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego