A Nossa Língua é Internacional

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'

Manuel Vilas. Beiras reclámalle á Xunta 'independencia de criterio' e 'coraxe' para que tome medidas diferentes das da UE e evitar 'salvar aos delincuentes que crearon a crise e afogar aos cidadáns'. O catedrático cualifica de 'acontecemento decisivo' o Foro Social Galego para organizar dende Galiza unha resposta alternativa á recesión.

A Xosé Manuel Beiras non lle treme o pulso á hora de avaliar a resposta da Xunta e do Estado á crise. O catedrático de Economía da USC reclama “medidas redistribúan cara abaixo no lugar da redistribución cara arriba que están facendo, medidas que pensen na maioría social aínda que haxa ricos que se arruínen e entidades financeiras que se vaian ao tacho”.

O ex-líder do BNG admite que fai falta “moito valor político” no Goberno para operar tales cambios. Preguntado sobre se os dirixentes galegos teñen esa valentía, Beiras responde que os gobernantes galegos “teñen que demostrar se teñen coraxe ou non, sobre todo se teñen independencia de criterio”.

Así o declara nunha entrevista con ANT TV por mor do Foro Social Galego (FSGAL), que comeza o 5 de decembro en Compostela coa colaboración de máis de cen colectivos.

Foro Social Galego

Para o político nacionalista, o FSGAL é un “acontecemento decisivo”. Beiras destaca destaca que “Galiza ten unha experiencia de organización momentos alternativos antes incluso de que se comezase a celebrar os Foros Sociais Mundiais, como é o caso de Galiza no tardofranquismo”.

O único representante do país no Consello Internacional do Foro Social Mundial defende a diversidade ideolóxica do cento de colectivos que se xuntarán durante unha fin de semana no Campus Norte da USC. Na entrevista, Beiras explica que unha das causas do nacemento destes foros é as dificultades do diálogo entre o tecido social e os partidos políticos.

Avaliación da resposta do bipartito

Sobre as inciativas que está a tomar a Xunta contra a recesión, o catedrático de Economía da USC alerta que “as medidas que tomaron inicialmente van na liña das tomadas polos gobernos do estado e europeos; o perigo consiste en que acaben salvando aos delincuentes que crearon a crise e afogando aos cidadáns”.

O ex-portavoz nacional do Bloque demanda solucións que “abran fendas” no sistema e non “poñerlle parches, darlle vitaminas, darlle antibióticos para que o capitalismo dure cen anos máis”.

“Eu comprendo que un goberno ten que tomar medidas para conter a crise pero por outra banda ten que abrir liñas que vaian na dirección única posíbel que dure no tempo; e para iso fai falta moito valor, moita coraxe”, conclúe.

Para ler a entrevista na sua fonte original, preme aqui

quinta-feira, 27 de novembro de 2008

De quem é este poema?

XEITEIROS DO SUR

Os últimos xeiteiros
en partir
—os do sur—
tremosos
e mesmo taciturnos
perdíanse no ocaso amargo das miradas

Atrás,
como nos días da fatal ausencia,
quedaban
a mornura do fogar
e a calma
dun regazo octoxenario

Sol a sol
nun longo ronsel de incerteza,
como áncoras intactas
e voraces

os últimos xeiteiros
singraban novas lúas e crepúsculos

Eles sabían do mar
porque xurdiran do sal. O mar.
O mar só reflectía
as chagas dos seus dedos malferidos

Pero eles eran
os últimos xeiteiros
en partir

aqueles que, a media lúa,
algo tremosos

e armados duns remos
de pao de carballo
en cadanseu tolete

vogaban paseniño
cara as escuras
e argazosas augas
que a certeza
mostraba, taciturna,

eran o pan
—ao sur—
das súas fames

terça-feira, 18 de novembro de 2008

Cea Homenaxe a Marcos Valcárcel en Ourense

O vindeiro sábado, día 29, os amigos/as e admiradores dunha das persoas máis sabias e de maior calidade humana que coñezo, Marcos Valcárcel, teremos ocasión de reunirnos con el para acompañalo nunha entrañable cea-homenaxe que terá lugar no restaurante San Miguel de Ourense.

Polo que a min respecta, salvo ataque biolóxico ou atómico de ultimísima hora que o impida (cousa que, por outra banda e polo ben común, agardemos non ocorra) estarei acompañando ao amigo nese acto de presentación do seu novo libro, Historia de Ourense (Edicións Xerais de Galicia, 2008), a bo seguro inzado de maxisterio e sabiduría por todas partes.

Para os/as que queirades sumarvos, velaí vai máis información:

CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL.

Ourense, Sábado 29 de Novembro de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS:

As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros.

Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia.
Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes, e en calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro.

INVITACIÓN ABERTA:

A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno.

Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.

César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo
Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín

Texto e imagem tirados da web oficial do autor galego Modesto Fraga Moure

sábado, 15 de novembro de 2008

Entrevista completa a Beiras no programa, já extinto, "Somos unha potenzia"

Primeira parte


Segunda parte


Terceira parte


Última parte

terça-feira, 11 de novembro de 2008

A crise, que a pague o capital

sábado, 8 de novembro de 2008

Já está na rede a "Asociación veciñal Polígono de Vite"

Este é o endereço da página web da "Asociación veciñal Polígono de Vite": http://www.barriodevite.com

Polo de agora está em construcçom, e só tem o logotipo e algum dado da associaçom, mas em pouco tempo, será umha página oficial e en condiçons do "governo" do nosso bairro.

No Bairro de Vite, a luita continua.

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego